14 de outubro de 2017

FQ4- Galileo e a caída libre

Galileo Galilei (1564-1642), considerado o pai da física experimental, foi o primeiro en decatarse de que tódolos corpos caen igual no baleiro, en contra do que pensara Aristóteles. Como na súa época non había forma de facer medidas precisas, experimentou con planos inclinados, de xeito que chegou a comprobar que distintas bólas baixaban coa mesma aceleración.
Galileo defendeu a teoría heliocéntrica de Copérnico e construíu un dos primeiros telescopios, co que observou as montañas da Lúa, os catro satélites maiores de Xúpiter, os aneis de Saturno e as manchas solares. Esta defensa das ideas de Copérnico levaríao á enfrontarse coa Inquisición. Como se retractou publicamente, só foi castigado con arresto domiciliario.
As súas aportacións á física foron determinantes, ata o punto de que xunto coas leis de Kepler e as de Newton sentaron as bases de toda a Mecánica Clásica, que estuda os movementos dos corpos e as forzas que os causan e permite explicar o xiro dos planetas ó redor do Sol.
                     A esfera e a pluma caen á mesma velocidade no baleiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario